Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Que está a pasar no núcleo terrestre?

Imaxe
  O núcleo , tamén chamado endosfera, é a capa máis interna da xeosfera, situada entre os 2.900 km de profundidade e o centro terrestre, situado a algo máis de 6.370 km de profundidade. Está composto fundamentalmente por ferro e en menor medida níquel , e ten dúas rexións claramente diferenciadas: o núcleo externo , formado por rochas fundidas, e o núcleo interno , formado por rochas sólidas. A rotación da Terra fai que o núcleo externo se poña tamén en rotación. A rotación libre do núcleo externo (líquido) actúa como unha dinamo que xera o campo magnético terrestre , que protexe a Terra do vento solar e permite que haxa vida na superficie. Pero, que está pasando coa velocidade de rotación do núcleo? Aínda que é algo do que xa se tiña constancia a través de traballos previos, un estudo publicado na revista Nature Geoscience, liderado polos científicos chinos Yi Yang e Xiadong Song, afirma que o núcleo do noso planeta se freou durante os últimos anos e mesmo chegan a afirmar, que é