Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Visita ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal

Imaxe
O pasado xoves 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou, da man do alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño, o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal. Durante esta xornada, descubrimos os  cantís máis altos da Europa Continental, e algún dos segredos máis importantes que agochan as rochas desta zona. Esperemos en breve poder facer unha nova visita, e seguir aprendendo un pouco máis da espectacular xeoloxía que este lugar agocha, como por exemplo as rochas propias do manto terrestre ou a única praia de Europa con area negra que non ten unha orixe volcánica.

XIV Olimpíada de Xeoloxía (fase autonómica): A Coruña

Imaxe
  XIV Olimpíada de Xeoloxía (fase autonómica): A Coruña O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO participou o pasado mércores 8 de febreiro, na cidade de A Coruña, na  fase autonómica da XIV Olimpíada de Xeoloxía  organizada pola  Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra  ( AEPECT ) en colaboración coa  Sociedade Española de Xeoloxía , o  Colexio Oficial de Xeólogos  e as  tres universidades galegas . Como novidade deste ano, a tradicional xincana práctica, que o alumnado realiza en grupos, celebrouse por primeira vez fóra do campus universitario. Concretamente, realizouse ao longo do paseo marítimo, entre a fundación Reto a la Esperanza e o ascensor do Monte de San Pedro. As nosas alumnas, Uxía , Alicia e Xiana , realizaron diferentes probas relacionadas co recoñecemento de minerais, rochas e fósiles, mapa topográfico, formas de paisaxe, ..., ademáis da tradicional proba tipo test. Na clasificación global, Uxía foi galardonada como mellor alumna de 4ºESO!