Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel

Imaxe
  Esta semana o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela visitou o Xeoparque Montañas do Courel. O mércores tivemos a oportunidade de desfrutar dos museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga. Despois de comer na praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil), dirixímonos a Seoane do Caurel, onde nos aloxamos no Acampamento o Caurel. Polo camiño fixemos unha parada no miradoiro de Campodola, para ver de primeira man unha estrutura xeolóxica incrible: o pregamento do Courel (ou pregamento de Campodola Leixazós), produto da converxencia de placas tectónicas durante a formación de Panxea a finais do Paleozoico. Para coller forzas, tamén degustamos unhas marmeladas de castaña, arandos e froitos vermellos en Santa Eufemia, da man de Daniel de Caurelor. O xoves, coa compañía de Iván de Coureleando, descubrimos a Devesa da Rogueira, achegándonos aos seus segredos xeolóxicos e biolóxicos. Sen dúbida algunha unha das grandes xoias da Galicia interior. Despois de comer descubrimos Seceda, onde Iván

Día Internacional da Xeodiversidade

Imaxe
  XEODIVERSIDADE    X eodiversidade representa a diversidade xeolóxica dun territorio, entendida como a variedade de rasgos xeolóxicos presentes nun lugar, identificados tras considerar a súa frecuencia, distribución e como estes ilustran a evolución xeolóxica do mesmo.  A paisaxe, o relevo, os minerais, as rochas e as estruturas que presentan, os solos, os fósiles…son elementos da xeodiversidade, pero tamén os recursos minerais e enerxéticos, como o gas, o petróleo ou o carbón, os recursos hídricos así como os riscos xeolóxicos como as erupcións volcánicas ou os terremotos.   T al e como indica o propio slogan do día internacional da xeodiversidade, este é en realidade o sustento da vida, pois a xeosferare presenta o sustento para a hidrosfera, para a atmosfera e, por suposto, para a biosfera. Por tanto, é importante conmemorar o día da xeodiversidade por diferentes razóns:  unha delas, a cal pode chegar a ser unha das máis importantes, é que grazas a ela podemos coñecer a ori