Visita ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal



O pasado xoves 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou, da man do alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño, o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal. Durante esta xornada, descubrimos os cantís máis altos da Europa Continental, e algún dos segredos máis importantes que agochan as rochas desta zona. Esperemos en breve poder facer unha nova visita, e seguir aprendendo un pouco máis da espectacular xeoloxía que este lugar agocha, como por exemplo as rochas propias do manto terrestre ou a única praia de Europa con area negra que non ten unha orixe volcánica.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita a Burgos e Atapuerca do CPI Virxe da Cela de Monfero

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel

Sistema solar a escala