Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2025

XVI Olimpíada de Xeoloxía (fase galega): Xeoparque Cabo Ortegal

Imaxe
Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participou na fase galega da Olimpíada de Xeoloxía. As probas leváronse a cabo 12 febreiro en catro sedes simultáneas: Xeoparque Cabo Ortegal, Lugo, Santiago e Vigo.  No caso do Xeoparque de Cabo Ortegal, as probas realizáronse en San Sadurniño (A Coruña), na Casa da Cultura.  Esta olimpíada divídese en dúas probas:  - Unha primeira proba, en forma de xincana, na que o alumnado compite en grupo. O equipo do CPI Virxe da Cela. Esta proba foi preparada ao longo das sesión do Club de Ciencias, realizando distintos obradoiros de minerais, rochas e fósiles, así como prácticas co manexo de mapas topográficos, mapas xeolóxicos e compás. - Unha segunda proba, en forma de proba tipo test, de carácter individual, con cuestións relacionadas coas diferentes áreas da Xeoloxía e as Ciencias Ambientais.  O alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, aínda que non levou premio, si que realizaron unha moi notoria participación...