XVI Olimpíada de Xeoloxía (fase galega): Xeoparque Cabo Ortegal

Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participou na fase galega da Olimpíada de Xeoloxía. As probas leváronse a cabo 12 febreiro en catro sedes simultáneas: Xeoparque Cabo Ortegal, Lugo, Santiago e Vigo.  No caso do Xeoparque de Cabo Ortegal, as probas realizáronse en San Sadurniño (A Coruña), na Casa da Cultura. 


Esta olimpíada divídese en dúas probas: 

- Unha primeira proba, en forma de xincana, na que o alumnado compite en grupo. O equipo do CPI Virxe da Cela. Esta proba foi preparada ao longo das sesión do Club de Ciencias, realizando distintos obradoiros de minerais, rochas e fósiles, así como prácticas co manexo de mapas topográficos, mapas xeolóxicos e compás.



- Unha segunda proba, en forma de proba tipo test, de carácter individual, con cuestións relacionadas coas diferentes áreas da Xeoloxía e as Ciencias Ambientais. 


O alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, aínda que non levou premio, si que realizaron unha moi notoria participación, especialmente na proba da xincana. Parabéns pola vosa participación!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XV Olimpíada de Xeoloxía (fase galega): sede de Cabo Ortegal

Education 4the Planet: andaina e recollida de lixo

Visita a Burgos e Atapuerca do CPI Virxe da Cela de Monfero