Día Internacional da Xeodiversidade

 

XEODIVERSIDADE 

 

Xeodiversidade representa a diversidade xeolóxica dun territorio, entendida como a variedade de rasgos xeolóxicos presentes nun lugar, identificados tras considerar a súa frecuencia, distribución e como estes ilustran a evolución xeolóxica do mesmo.  A paisaxe, o relevo, os minerais, as rochas e as estruturas que presentan, os solos, os fósiles…son elementos da xeodiversidade, pero tamén os recursos minerais e enerxéticos, como o gas, o petróleo ou o carbón, os recursos hídricos así como os riscos xeolóxicos como as erupcións volcánicas ou os terremotos.

 

Tal e como indica o propio slogan do día internacional da xeodiversidade, este é en realidade o sustento da vida, pois a xeosferare presenta o sustento para a hidrosfera, para a atmosfera e, por suposto, para a biosfera. Por tanto, é importante conmemorar o día da xeodiversidade por diferentes razóns:  unha delas, a cal pode chegar a ser unha das máis importantes, é que grazas a ela podemos coñecer a orixe, evolución e o pasado do noso planeta. Outra das razóns é que grazas a xeodiversidade podemos dar visibilidade e promover a protección do patrimonio xeolóxico. Por último, e non menos importante, hai que resaltar o papel que pode representar a xeodiversidade nun futuro, xa que xoga un papel fundamental co cumprimento dos obxectivos do desenvolvemento sostible pola “UNESCO”, cuxo obxectivo é garantir un futuro sostible, equitativo e ecolóxico para as persoas. 

 

A iniciativa de celebrar o dia da xeodiversidade naceu en Teruel, no ano 2005, pero non foi ata o pasado ano, na 41 conferencia xeral da UNESCO (celebrada en París) cando se decidiu que cada 6 de outubro se festexara o “Día Internacional da Xeodiversidade”. Por tanto, este é o primeiro ano que se celebra de maneira oficial. Este dia celebrase coa finalidade de reivindicar a xeoloxía na sociedade actual e promover a conservación do patrimonio xeolóxico.




Para axudar na conservación da xeodiversidade e do patrimonio xeolóxico, xurdiu a figura de protección dos xeoparques mundiais da UNESCO, a principios da década dos 90, sendo Francia, Alemaña, Grecia e España os socios fundadores da Rede de Xeoparques Europeos.

 

España é un dos países con maior xeodiversidade de Europa, e a súa conservación, así como a do patrimonio xeolóxico, contribúe a manter a diversidade natural e os ecosistemas, ademais de axudar a comprender a historia xeolóxica do noso territorio. Para asegurar a protección deste patrimonio, España conta a día de hoxe con 15 xeoparques: Cabo de Gata-Níjar (Andalucía), Costa Vasca (País Vasco), Sobrarbe-Pirineos (Aragón), Villuercas Ibores Jara (Extremadura), Cataluña Central (Cataluña), Sierra Norte de Sevilla (Andalucía), Molina Alto Tajo (Castilla la Mancha), El Hierro (Canarias), Lanzarote y Archipiélago Chinijo (Canarias), Las Loras (Castilla y León), Orígens (Cataluña), Maestrazgo (Comunidad Valenciana), Montañas do Courel (Galicia), Granada (Andalucía) e Sierras Subbéticas (Andalucía)

 

Así, España é o segundo país con mais xeoparques declarados pola UNESCO por detrás da China (41 xeoparques), mentres que en superficie do territorio ocupada por xeoparques, 505.990 km2, España é o quinto por detrás de Canadá (9.984.670 km2), China (9.596.960 km2), Indonesia (1.900.569 km2) e Francia ( 643.801 km2)

 

Galicia é un dos lugares de España máis importantes en canto a patrimonio xeolóxico. As rochas que conforman o noso territorio, as máis antigas da Península Ibérica, permiten estudar a formación do supercontinente Panxea. Hai 220 millóns de anos, dous grandes continentes colisionaron ao pecharse o océano que había entre eles, formándose unha gran cordilleira como consecuencia da intensa deformación das rochas. A nosa historia xeolóxica está escrita nas rochas do único xeoparque de Galicia, Montañas do Courel, así como no territorio que nos próximos anos se pode convertir no segundo xeoparque de Galicia, Cabo Ortegal. 

 

Nas próximas semanas, o alumnado de secundaria do CPI Virxe da Cela visitará o xeoparque de Montañas do Courel, para descubrir os tesouros xeolóxicos, biolóxicos e etnográficos deste territorio.

Montañas do Courel | Geoparque Mundial de la UNESCO en España



                                       Xeoparque do Courel (Fonte: La Voz de Galicia)



Cultura Científica (4º ESO, CPI Virxe da Cela)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita a Burgos e Atapuerca do CPI Virxe da Cela de Monfero

Sistema solar a escala

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel