Visita ao Xeoparque Montañas do Courel
Esta semana o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela visitou o Xeoparque Montañas do Courel. O mércores tivemos a oportunidade de desfrutar dos museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga.
Para
coller forzas, tamén degustamos unhas marmeladas de castaña, arandos e froitos
vermellos en Santa Eufemia, da man de Daniel de Caurelor.
O
xoves, coa compañía de Iván de Coureleando, descubrimos a Devesa da Rogueira,
achegándonos aos seus segredos xeolóxicos e biolóxicos. Sen dúbida algunha unha
das grandes xoias da Galicia interior.
Despois
de comer descubrimos Seceda, onde Iván nos mostrou aspectos da súa
arquitectura, historia e etnografía. Un claro exemplo de aldea de montaña, onde
os seus habitantes se adaptaron claramente ao medio natural, e conviviron, nun
claro exemplo de sustentabilidade co entorno, durante anos e anos.
Para
rematar o día, descubrimos o Castro da Torre, onde os antigos castrexos explotaron
o seu principal recurso, o ferro, e se adaptaron á vida nesta zona da montaña
galega. Aquí descubrimos onde se localizaba a antiga forxa de ferro, un antigo
tear, a praza central e outros segredos.
O venres,
antes de poñer rumbo a Monfero, visitamos o Centro de Interpretación da Minería
Aurífera Romana (CIMAR), da man de Roberto. Grazas a todos e todas, en especial
ao Xeoparque Montañas de Courel, por facernos desfrutar deste territorio
durante estes días. Ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario