Publicacións

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel

Imaxe
  Esta semana o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela visitou o Xeoparque Montañas do Courel. O mércores tivemos a oportunidade de desfrutar dos museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga. Despois de comer na praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil), dirixímonos a Seoane do Caurel, onde nos aloxamos no Acampamento o Caurel. Polo camiño fixemos unha parada no miradoiro de Campodola, para ver de primeira man unha estrutura xeolóxica incrible: o pregamento do Courel (ou pregamento de Campodola Leixazós), produto da converxencia de placas tectónicas durante a formación de Panxea a finais do Paleozoico. Para coller forzas, tamén degustamos unhas marmeladas de castaña, arandos e froitos vermellos en Santa Eufemia, da man de Daniel de Caurelor. O xoves, coa compañía de Iván de Coureleando, descubrimos a Devesa da Rogueira, achegándonos aos seus segredos xeolóxicos e biolóxicos. Sen dúbida algunha unha das grandes xoias da Galicia interior. Despois de comer descubrimos Seceda, onde I...

Día Internacional da Xeodiversidade

Imaxe
  XEODIVERSIDADE    X eodiversidade representa a diversidade xeolóxica dun territorio, entendida como a variedade de rasgos xeolóxicos presentes nun lugar, identificados tras considerar a súa frecuencia, distribución e como estes ilustran a evolución xeolóxica do mesmo.  A paisaxe, o relevo, os minerais, as rochas e as estruturas que presentan, os solos, os fósiles…son elementos da xeodiversidade, pero tamén os recursos minerais e enerxéticos, como o gas, o petróleo ou o carbón, os recursos hídricos así como os riscos xeolóxicos como as erupcións volcánicas ou os terremotos.   T al e como indica o propio slogan do día internacional da xeodiversidade, este é en realidade o sustento da vida, pois a xeosferare presenta o sustento para a hidrosfera, para a atmosfera e, por suposto, para a biosfera. Por tanto, é importante conmemorar o día da xeodiversidade por diferentes razóns:  unha delas, a cal pode chegar a ser unha das máis importantes, é que graza...

XIII Olimpíada de Xoloxía (fase autonómica)

Imaxe
XIII Olimpíada de Xeoloxía (fase autonómica): O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO participou o pasado mércores 16 de febreiro na fase autonómica da XIII Olimpíada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra ( AEPECT ) en colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía , o Colexio Oficial de Xeólogos e as tres universidades galegas . Os nosos alumnos Antía , Damián e Matías acadaron grandes resultados, tanto na xincana práctica (con diferentes probas relacionadas co recoñecemento de minerais, rochas e fósiles, co mapa topográfico ou coas formas de paisaxe) que realizaron en equipo nos arredores da Facultade de Ciencias, como na parte teórica (proba tipo test). Na clasificación global, Matías foi o mellor alumno de 4º ESO de tódolos participantes na sede da Coruña, recibindo o seu correspondente premio. Parabéns aos tres!!