Education 4the Planet: andaina e recollida de lixo
O
pasado venres 3 de marzo, o alumando de secundaria do CPI Virxe da Cela
realizou unha pequena andaina polas inmediacións dun dos tramos do camiño de Santiago
entre Pontedeume y Miño, e percorreu a praia Grande de Miño. Ao longo da mañá,
realizamos unha clasificación e unha recollida do lixo que nos fomos atopando, recollendo
unha cantidade considerable de lixo, e incluso, observando algún punto ilegal de
vertedura. A mañá completouse cunha visita ao punto limpo de Pontedeume, guiada
por persoal do concello. Esta actividade enmárcase no proxecto Education 4the
Planet, de Ayuda en Acción.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


Comentarios
Publicar un comentario