Sistema solar a escala

 O alumnado participante no Club de Ciencias do CPIP Virxe da Cela, estivo elaborando un Sistema Solar a escala ao longo das últimas semanas. Nel poderás comprobar, a escala, como de diferentes son os tamaños dos 8 planetas do Sistema Solar en comparación co Sol, e ao mesmo tempo, comprobar que a nosa estrela non é, nin de lonxe, das estrelas máis grandes do Universo. Ademais, inclúese un mapa da zona, coa localizacións das órbitas dos diferentes planetas, tendo en conta a escala empregada desde o primeimo momento: un sol de 1,1 metros de grande!! Hoxe quedou instalado no noso centro!


Para que vos fagades unha idea do tamaño que tería o sistema solar, as seguintes imaxes representan os lugares de por onde discorrerían as órbitas dos planetas interiores (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e dos planetas exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno).







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita a Burgos e Atapuerca do CPI Virxe da Cela de Monfero

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel