Publicacións

XVI Olimpíada de Xeoloxía (fase galega): Xeoparque Cabo Ortegal

Imaxe
Un ano máis, o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participou na fase galega da Olimpíada de Xeoloxía. As probas leváronse a cabo 12 febreiro en catro sedes simultáneas: Xeoparque Cabo Ortegal, Lugo, Santiago e Vigo.  No caso do Xeoparque de Cabo Ortegal, as probas realizáronse en San Sadurniño (A Coruña), na Casa da Cultura.  Esta olimpíada divídese en dúas probas:  - Unha primeira proba, en forma de xincana, na que o alumnado compite en grupo. O equipo do CPI Virxe da Cela. Esta proba foi preparada ao longo das sesión do Club de Ciencias, realizando distintos obradoiros de minerais, rochas e fósiles, así como prácticas co manexo de mapas topográficos, mapas xeolóxicos e compás. - Unha segunda proba, en forma de proba tipo test, de carácter individual, con cuestións relacionadas coas diferentes áreas da Xeoloxía e as Ciencias Ambientais.  O alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, aínda que non levou premio, si que realizaron unha moi notoria participación...

XV Olimpíada de Xeoloxía (fase galega): sede de Cabo Ortegal

Imaxe
O pasado mércores 7 de febreiro celebrouse a fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía, organizadas pola "Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra" (AEPECT), en colaboración con distintas institucións. Este ano, esta fase galega celebrouse en catro sedes simultáneas: Xeoparque Cabo Ortegal, Xeoparque Montañas do Courel, Santiago e Vigo.  Esta olimpíada divídese en dúas probas:  - Unha primeira proba, en forma de xincana, na que o alumnado compite en grupo. Na sede de Cabo Ortegal, esta proba realizouse nas inmediacións do Faro de Cabo Ortegal, un lugar fantástico a nivel paisaxístico, pero tamén excepcional en canto a interese xeolóxico.  - Unha segunda proba, en forma de proba tipo test, de carácter individual, con cuestións relacionadas coas diferentes áreas da Xeoloxía e as Ciencias Ambientais. Na sede de Cabo Ortegal, esta proba foi realizada no IES Cabo Ortegal de Cariño. Tres alumnas do CPI Virxe da Cela de Monfero, participaron na sede do Xe...

Visita a Burgos e Atapuerca do CPI Virxe da Cela de Monfero

Imaxe
  O alumnado da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire. No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) , descubrimos como se fabricaron as primeiras ferramentas empregadas polos primeiros homínidos que habitaron a serra de Atapuerca, como poden ser os recoñecibles bifaces.  Tamén puidemos coñecer as técnicas que empregaban para realizar as impresionantes pinturas que se poden atopar en múltiples covas da nosa xeografía e, converternos en verdadeiros cazadores do Paleolítico. Despois de saír do CAREX, coñecemos de primeira man os impresionantes xacementos de Atapuerca de Sima del Elefante , Complejo Galería e Gran Dolina . Nestes xacementos, xunto coa famosa Sima de los Huesos , foron descubertos os restos máis antigos de homínidos atopados, ata o de agora, no continente Europeo : restos dunha especie aínda descoñecida do xénero Homo , cunha...

Sistema solar a escala

Imaxe
 O alumnado participante no Club de Ciencias do CPIP Virxe da Cela, estivo elaborando un Sistema Solar a escala ao longo das últimas semanas. Nel poderás comprobar, a escala, como de diferentes son os tamaños dos 8 planetas do Sistema Solar en comparación co Sol, e ao mesmo tempo, comprobar que a nosa estrela non é, nin de lonxe, das estrelas máis grandes do Universo. Ademais, inclúese un mapa da zona, coa localizacións das órbitas dos diferentes planetas, tendo en conta a escala empregada desde o primeimo momento: un sol de 1,1 metros de grande!! Hoxe quedou instalado no noso centro! Para que vos fagades unha idea do tamaño que tería o sistema solar, as seguintes imaxes representan os lugares de por onde discorrerían  as órbitas dos planetas interiores (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e dos planetas exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno).

Education 4the Planet: andaina e recollida de lixo

Imaxe
O pasado venres 3 de marzo, o alumando de secundaria do CPI Virxe da Cela realizou unha pequena andaina polas inmediacións dun dos tramos do camiño de Santiago entre Pontedeume y Miño, e percorreu a praia Grande de Miño. Ao longo da mañá, realizamos unha clasificación e unha recollida do lixo que nos fomos atopando, recollendo unha cantidade considerable de lixo, e incluso, observando algún punto ilegal de vertedura. A mañá completouse cunha visita ao punto limpo de Pontedeume, guiada por persoal do concello. Esta actividade enmárcase no proxecto Education 4the Planet, de Ayuda en Acción.

Visita ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal

Imaxe
O pasado xoves 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou, da man do alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño, o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal. Durante esta xornada, descubrimos os  cantís máis altos da Europa Continental, e algún dos segredos máis importantes que agochan as rochas desta zona. Esperemos en breve poder facer unha nova visita, e seguir aprendendo un pouco máis da espectacular xeoloxía que este lugar agocha, como por exemplo as rochas propias do manto terrestre ou a única praia de Europa con area negra que non ten unha orixe volcánica.