Publicacións

Sistema solar a escala

Imaxe
 O alumnado participante no Club de Ciencias do CPIP Virxe da Cela, estivo elaborando un Sistema Solar a escala ao longo das últimas semanas. Nel poderás comprobar, a escala, como de diferentes son os tamaños dos 8 planetas do Sistema Solar en comparación co Sol, e ao mesmo tempo, comprobar que a nosa estrela non é, nin de lonxe, das estrelas máis grandes do Universo. Ademais, inclúese un mapa da zona, coa localizacións das órbitas dos diferentes planetas, tendo en conta a escala empregada desde o primeimo momento: un sol de 1,1 metros de grande!! Hoxe quedou instalado no noso centro! Para que vos fagades unha idea do tamaño que tería o sistema solar, as seguintes imaxes representan os lugares de por onde discorrerían  as órbitas dos planetas interiores (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e dos planetas exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno).

Education 4the Planet: andaina e recollida de lixo

Imaxe
O pasado venres 3 de marzo, o alumando de secundaria do CPI Virxe da Cela realizou unha pequena andaina polas inmediacións dun dos tramos do camiño de Santiago entre Pontedeume y Miño, e percorreu a praia Grande de Miño. Ao longo da mañá, realizamos unha clasificación e unha recollida do lixo que nos fomos atopando, recollendo unha cantidade considerable de lixo, e incluso, observando algún punto ilegal de vertedura. A mañá completouse cunha visita ao punto limpo de Pontedeume, guiada por persoal do concello. Esta actividade enmárcase no proxecto Education 4the Planet, de Ayuda en Acción.

Visita ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal

Imaxe
O pasado xoves 2 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela visitou, da man do alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño, o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal. Durante esta xornada, descubrimos os  cantís máis altos da Europa Continental, e algún dos segredos máis importantes que agochan as rochas desta zona. Esperemos en breve poder facer unha nova visita, e seguir aprendendo un pouco máis da espectacular xeoloxía que este lugar agocha, como por exemplo as rochas propias do manto terrestre ou a única praia de Europa con area negra que non ten unha orixe volcánica.

XIV Olimpíada de Xeoloxía (fase autonómica): A Coruña

Imaxe
  XIV Olimpíada de Xeoloxía (fase autonómica): A Coruña O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO participou o pasado mércores 8 de febreiro, na cidade de A Coruña, na  fase autonómica da XIV Olimpíada de Xeoloxía  organizada pola  Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra  ( AEPECT ) en colaboración coa  Sociedade Española de Xeoloxía , o  Colexio Oficial de Xeólogos  e as  tres universidades galegas . Como novidade deste ano, a tradicional xincana práctica, que o alumnado realiza en grupos, celebrouse por primeira vez fóra do campus universitario. Concretamente, realizouse ao longo do paseo marítimo, entre a fundación Reto a la Esperanza e o ascensor do Monte de San Pedro. As nosas alumnas, Uxía , Alicia e Xiana , realizaron diferentes probas relacionadas co recoñecemento de minerais, rochas e fósiles, mapa topográfico, formas de paisaxe, ..., ademáis da tradicional proba tipo test. Na clasificación global, ...

Que está a pasar no núcleo terrestre?

Imaxe
  O núcleo , tamén chamado endosfera, é a capa máis interna da xeosfera, situada entre os 2.900 km de profundidade e o centro terrestre, situado a algo máis de 6.370 km de profundidade. Está composto fundamentalmente por ferro e en menor medida níquel , e ten dúas rexións claramente diferenciadas: o núcleo externo , formado por rochas fundidas, e o núcleo interno , formado por rochas sólidas. A rotación da Terra fai que o núcleo externo se poña tamén en rotación. A rotación libre do núcleo externo (líquido) actúa como unha dinamo que xera o campo magnético terrestre , que protexe a Terra do vento solar e permite que haxa vida na superficie. Pero, que está pasando coa velocidade de rotación do núcleo? Aínda que é algo do que xa se tiña constancia a través de traballos previos, un estudo publicado na revista Nature Geoscience, liderado polos científicos chinos Yi Yang e Xiadong Song, afirma que o núcleo do noso planeta se freou durante os últimos anos e mesmo chegan a afirmar, q...

Visita ao Xeoparque Montañas do Courel

Imaxe
  Esta semana o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela visitou o Xeoparque Montañas do Courel. O mércores tivemos a oportunidade de desfrutar dos museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga. Despois de comer na praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil), dirixímonos a Seoane do Caurel, onde nos aloxamos no Acampamento o Caurel. Polo camiño fixemos unha parada no miradoiro de Campodola, para ver de primeira man unha estrutura xeolóxica incrible: o pregamento do Courel (ou pregamento de Campodola Leixazós), produto da converxencia de placas tectónicas durante a formación de Panxea a finais do Paleozoico. Para coller forzas, tamén degustamos unhas marmeladas de castaña, arandos e froitos vermellos en Santa Eufemia, da man de Daniel de Caurelor. O xoves, coa compañía de Iván de Coureleando, descubrimos a Devesa da Rogueira, achegándonos aos seus segredos xeolóxicos e biolóxicos. Sen dúbida algunha unha das grandes xoias da Galicia interior. Despois de comer descubrimos Seceda, onde I...

Día Internacional da Xeodiversidade

Imaxe
  XEODIVERSIDADE    X eodiversidade representa a diversidade xeolóxica dun territorio, entendida como a variedade de rasgos xeolóxicos presentes nun lugar, identificados tras considerar a súa frecuencia, distribución e como estes ilustran a evolución xeolóxica do mesmo.  A paisaxe, o relevo, os minerais, as rochas e as estruturas que presentan, os solos, os fósiles…son elementos da xeodiversidade, pero tamén os recursos minerais e enerxéticos, como o gas, o petróleo ou o carbón, os recursos hídricos así como os riscos xeolóxicos como as erupcións volcánicas ou os terremotos.   T al e como indica o propio slogan do día internacional da xeodiversidade, este é en realidade o sustento da vida, pois a xeosferare presenta o sustento para a hidrosfera, para a atmosfera e, por suposto, para a biosfera. Por tanto, é importante conmemorar o día da xeodiversidade por diferentes razóns:  unha delas, a cal pode chegar a ser unha das máis importantes, é que graza...